Galicia |
GaliceDécret 173/1982 du 17 novembre
Decreto 173/1982, do 17 de novembro, |
La présente version française du décret 173/1982 du 17 novembre a été traduite par Jacques Leclerc à partir de la version galicienne: Decreto 173/1982, do 17 de novembro, sobre a Normativización de la Lengua Gallega. En espagnol, la loi porte le titre suivant: Decreto 173/1982, de 17 de noviembre, sobre Normativización de la Lengua Gallega. Le texte en français ne saurait avoir qu'une valeur informative.
Decreto 173/1982, do 17 de novembro, A lingua galega, despois dunha permanencia secular de lingua puramente oral, recuperou desde hai xa máis de cen anos a súa vella condición de lingua escrita. Pero esta recuperación, sen outra base que a vontade espontánea dos seus cultivadores, non tiña máis referencia orientadora que a da fala, co inevitable polimorfismo dialectal que lles é propio a tódalas falas. Con todo, ó ir afianzándose a recuperación tamén foi aparecendo a conciencia da súa necesidade de unificación formal. Co tempo, o propio desenvolvemento da nosa cultura facía necesaria a regulación normativa da lingua. A Real Academia Galega inicialmente, e o Instituto da Lingua Galega inmediatamente de se constituír, afrontaron esa necesidade publicando sendas normativas, que por seren basicamente coincidentes lograron en conxunto unha aceptación xeneralizada. Dentro desta situación evolutiva do galego escrito, a entrada en
vigor do Estatuto de Autonomía veu abrir unha nova etapa histórica ó
establecer no seu artigo quinto que "a lingua propia de Galicia é o
galego", que ten tamén carácter oficial en Galicia. As derivacións
inmediatas que este feito ten en relación coas necesidades da
Administración autónoma e moi principalmente co Ensino, danlle unha
urxencia imperativa á normativización oficial da lingua. Polo tanto, a proposta do conselleiro, Adxunto ó presidente, para a Cultura, previa deliberación da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezasete de novembro de mil novecentos oitenta e dous, DISPOÑO: Artigo 1. O Acordo da Real Academia Galega e do Instituto da Lingua Galega, aprobado na sesión conxunta de ambas Institucións celebrada o día tres de xullo mil novecentos oitenta e dous, que nas súas grandes liñas é recollido no Anexo do presente Decreto, queda aprobado como norma básica para a unidade ortográfica e morfolóxica da Lingua Galega. Artigo 2. De conformidade co traballo realizado, a Real Academia Galega e o
Instituto da Lingua Galega poderán, previo acordo conxunto, elevar á
Xunta de Galicia cantas melloras estimen conveniente incorporar ás
normas básicas. O Instituto da Lingua Galega queda autorizado para elabora-lo Vocabulario Ortográfico Básico da Lingua Galega, que terá o carácter de inventario das palabras básicas do idioma e de prontuario da ortografía adoptada polo presente Decreto. Para ter carácter oficial o Vocabulario citado non precisará da autorización do Goberno de Galicia sempre e cando sexa publicado no prazo máximo de dous anos. Artigo 4. As normas aprobadas polo presente Decreto son de ensino obrigado en tódolos centros escolares de Galicia sobre os que teña competencia a Comunidade Autónoma e esténdense a tódalas áreas e actividades. Artigo 5. Os libros e material didáctico que deban ser autorizados conforme á normativa vixente deberán axustarse ás normas aprobadas polo presente Decreto. Artigo 6. O Conselleiro da Presidencia, a proposta dos Conselleiros Adxunto ó Presidente para a Cultura e de Educación fixará por orde os prazos nos que se deberán axustar á nova normativa os textos que á entrada en vigor do presente Decreto estean aprobados e publicados. Artigo 7. A Xunta de Galicia poderá autorizar aquelas publicacións que
total ou parcialmente se aparten da normativa aprobada, tendo en
conta razóns de índole histórica, didáctica, ou outras semellantes,
e sempre que obedezan ó criterio de respectar textos literarios ou
de outra natureza que foron publicados antes da entrada en vigor da
presente norma. Primeira. Quedan derrogadas as normas anteriores ás contidas no Anexo do presente Decreto. Segunda. A Xunta de Galicia disporá os medios precisos para o cumprimento do presente Decreto. Terceira. O presente Decreto entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, pero no que se refire ós textos presentados para a súa aprobación, conforme ó artigo quinto, poderá ser respectada a normativa anterior para evitar prexuízos graves ós editores. Santiago de Compostela, dezasete de novembro de mil novecentos oitenta e dous. José Fernando Filgueira Valverde Conselleiro, Adxunto ó Presidente para a Cultura. |
Décret 173/1982 du 17 novembre
La langue galicienne, langue séculaire purement orale, a récupéré,
il y a maintenant plus de cent ans, sa vieille condition de langue
écrite. Mais, cette récupération, sans autre appui que la volonté
spontanée de ses usagers, n'avait pas d'autre référence
d'orientation que celle de la langue parlée, avec son inévitable
polymorphisme dialectal propre à tous les parlers. Cependant, en
consolidant la récupération, est apparue aussi la conscience de la
nécessité de son unification formelle. |